Traducir é pórse na pel do poema,
do ensaio, do drama, da historieta…,
é fundirse coa escrita allea.
Unha tarefa, en definitiva,
de camaleón que esculca
con ollos desorbitados
en todos os sentidos
(maneiras, direccións, significados)
para que nin os ocultos lle fuxan;
de camaleón que se mimetiza co texto,
atento ao voo das dúbidas.
María Alonso Seisdedos
Tradución e revisión editorial
Traballo coas palabras que outros me dan
Traduzo literaturas varias, reviso polo miúdo textos propios e alleos e por veces engarzo, para inventarme unha memoria, palabras.
No tempo de lecer paseo con ou sen rodas, leo, procuro non voar máis que co maxín, leo, navego sempre en cuberta e leo. Cando sexa grande, quero ser bióloga… e seguir lendo.
Entre tanto, traballo coas palabras que outros me dan.
Premios ao meu traballo
2010
Premio da AELG á Mellor Tradución publicada en 2009
por O museo da inocencia, de Orhan Pamuk,
en colaboración con Bartug Aykan
2012
Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Adultos Traducido publicado o ano anterior
por O libro negro, de Orhan Pamuk,
en colaboración con Bartug Aykan
2014
Fervenzas Literarias á Mellor Tradución
Lois Tobío de Tradución da AGE
Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galiza
AELG á Mellor Tradución
Premio Nacional a la Mejor Traducción 2014 que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
pola version galega de Ulises, de James Joyce,
levada a cabo con Antón Vialle, Eva Almazán e Xavier Queipo en 2013
2018
I premio Xela Arias da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación
2022
Premio Follas Novas á Obra Traducida
XX Premio de Tradución Plácido Castro
X Premio Ramon Llull de Traducció Literària
por Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà,
publicada por Kalandraka en 2021
2023
Premio Follas Novas á Obra Traducida
por Léxico familiar, de Natalia Ginzburg,
publicada por Laiovento en 2022
Últimas entradas no meu blog
Logo logo na vosa libraría de cabeceira!
Resérvaa xa!
De Negueira de Muñiz a Nova York con escala na Coruña
As voces do desarraigamento
Un día na vida do señor Bloom
Bloomsday en Vigo
16 de xuño de 2023, 11.30 a 14.00
MARCO
Deledda en galego
Falamos de tradución
Alí non medrou a herba
Ninguén queda, Premio Nacional da Crítica en Narrativa Galega
Entrega dos premios Follas Novas 2023
© Imaxe de Xaime Cortizo
Galardoados cos Premios Follas Novas 2023