Traducir é pórse na pel do poema,
do ensaio, do drama, da historieta…,
é fundirse coa escrita allea.
Unha tarefa, en definitiva,
de camaleón que esculca
con ollos desorbitados
en todos os sentidos
(maneiras, direccións, significados)
para que nin os ocultos lle fuxan;
de camaleón que se mimetiza co texto,
atento ao voo das dúbidas.
María Alonso Seisdedos
Tradución e revisión editorial
Traballo coas palabras que outros me dan
Traduzo literaturas varias, reviso polo miúdo textos propios e alleos e por veces engarzo, para inventarme unha memoria, palabras.
No tempo de lecer paseo con ou sen rodas, leo, procuro non voar máis que co maxín, leo, navego sempre en cuberta e leo. Cando sexa grande, quero ser bióloga… e seguir lendo.
Entre tanto, traballo coas palabras que outros me dan.
Premios ao meu traballo
2010
Premio da AELG á Mellor Tradución publicada en 2009
por O museo da inocencia, de Orhan Pamuk,
en colaboración con Bartug Aykan
2012
Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Adultos Traducido publicado o ano anterior
por O libro negro, de Orhan Pamuk,
en colaboración con Bartug Aykan
2014
Fervenzas Literarias á Mellor Tradución
Lois Tobío de Tradución da AGE
Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galiza
AELG á Mellor Tradución
Premio Nacional a la Mejor Traducción 2014 que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
pola version galega de Ulises, de James Joyce,
levada a cabo con Antón Vialle, Eva Almazán e Xavier Queipo en 2013
2018
I premio Xela Arias da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación
2022
Premio Follas Novas á Obra Traducida
Premio da Fundación Plácido Castro
XX Premi Ramon Llull de Traducció Literària
por Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà,
publicado por Kalandraka en 2021
Últimas entradas no meu blog
Unha visita moi real
Co frío serodio do inverno tráenme un cacho paquetón para estrear 2023: a miña tradución de nada menos que a terceira entrega das aventuras da señorita Bubble e Vincent!
A protagonista de 2022
A tradución de Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà, publicada por Kalandraka en 2021 foi a protagonista absoluta do meu labor o
O resumo visual de 2022
Todo isto traducín no ano 2022? Mi ma!
Ponte de partida
Di o DRAG que unha ponte é unha «construción que se fai sobre os ríos, foxos etc. para unir os dous lados e poder así