Palabras dadas · Tradución e revisión editorial

Traducir é pórse na pel do poema,
do ensaio, do drama, da historieta…,
é fundirse coa escrita allea.
Unha tarefa, en definitiva,
de camaleón que esculca
con ollos desorbitados
en todos os sentidos
(maneiras, direccións, significados)
para que nin os ocultos lle fuxan;
de camaleón que se mimetiza co texto,
atento ao voo das dúbidas.

Todas as fotografías deste sitio son da miña autoría, salvo que se especifique o contrario.

María Alonso Seisdedos

Tradución e revisión editorial

maria alonso portada

Traballo coas palabras que outros me dan

Traduzo literaturas varias, reviso polo miúdo textos propios e alleos e por veces engarzo, para inventarme unha memoria, palabras. 

No tempo de lecer paseo con ou sen rodas, leo, procuro non voar máis que co maxín, leo, navego sempre en cuberta e leo. Cando sexa grande, quero ser bióloga… e seguir lendo. 

Entre tanto, traballo coas palabras que outros me dan.

prize

Premios ao meu traballo

2010

Premio da AELG á Mellor Tradución publicada en 2009

por O museo da inocencia, de Orhan Pamuk,

en colaboración con Bartug Aykan

2012

Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Adultos Traducido publicado o ano anterior

por O libro negro, de Orhan Pamuk,

en colaboración con Bartug Aykan

2014

Fervenzas Literarias á Mellor Tradución

Lois Tobío de Tradución da AGE

Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galiza

AELG á Mellor Tradución

Premio Nacional a la Mejor Traducción 2014 que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

pola version galega de Ulises, de James Joyce,

levada a cabo con Antón Vialle, Eva Almazán e Xavier Queipo en 2013

2018

I premio Xela Arias da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación

2022

Premio Follas Novas á Obra Traducida

XX Premio de Tradución Plácido Castro

X Premio Ramon Llull de Traducció Literària

por Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà,

publicada por Kalandraka en 2021

2023

Premio Follas Novas á Obra Traducida

por Léxico familiar, de Natalia Ginzburg,

publicada por Laiovento en 2022

Últimas entradas no meu blog

Imatge de WhatsApp 2024 04 03 a les 10.12.40 fcfc6689

Incursión na novela

E toda a culpa tívoa un café con leite acompañado dunha fotografía en branco e negro antes dunha excursión polas fragas de Catasós.

Algunhas obras traducidas