CA
>
GL
24 horas
- Adultos
·
- Gallego
E mentres pronunciaba esas palabras era perfectamente consciente de que iso a el non lle interesaba o máis mínimo, ao contrario, pero non daba quitado da cabeza a longa lista de probas, de análises, de verificacións do corpo e da alma ás que me ía ter que someter de alí en diante. Empeza por unha fácil, díxenme ao saír da casa á mañá, con alento a café soluble e radio de fondo: o duque Branco, o gran Camaleón, morto como un lázaro cos ollos vendados. Vai aos poucos, díxenme. E: Só sífilis, si, repetín, como se fose un cromo que levaba tempo buscando ou unha vacina contra o tétano, contra a rabia, contra que sei eu que aínda me faltase na cartilla de saúde infantil.
Título: O día que morreu David Bowie
Autoría original: Portell, Sebastià
Ilustración cubierta: Elsa Bouzas
Revisión: Manuel Arca Castro
Traducción: María Alonso Seisdedos
Editorial: Edicións Positivas
Año de edición: 2022