IT
>
GL
A casa da nespereira
- Adultos
·
- Gallego
Outrora había tantos Malagana como pedras no camiño vello de Trezza; habíaos mesmo en Ognina e en Aci Castello, todos eles xente do mar boa e capaz, como é debido, xusto o contrario do que daba a entender o alcume. En realidade, na partida parroquial apelidábanse Toscano, pero iso nada quería dicir, porque des que o mundo era mundo, en Ognina, en Trezza e en Aci Castello coñecéranos, de pai a fillo, polos Malagana, familia que sempre tivera barcas na auga e tellas ao sol. Agora en Trezza non quedaban máis Malagana que os do amo ’Ntoni, da casa da nespereira e da Providencia, que estaba amarrada no xogaral, por baixo do lavadoiro, xunto á Concetta do tío Cola e á paranza Cebola do amo Fortunato.
Título: Os Malgana
Autoría original: Verga, Gianni
Ilustración cubierta: Carlos Valdés García
Revisión: Beatriz Fariñas Garrote
Traducción: María Alonso Seisdedos
Editorial: Irmás Cartoné
Año de edición: 2024