IT

>

GL

Ás probas remítome

·

No verán de 1995 atopei, entre vellos papeis da casa, un decreto ministerial (que reproduzo na novela) pola concesión dunha liña telefónica particular. O documento presupuña unha rede tan tupida de requisitos burocráticos máis ou menos delirantes que logo me entraron ganas de escribir unha historia de ficción (que terminei en marzo de 1997).

Como a concesión se remonta a 1892, é dicir, uns quince anos despois dos feitos que relatei no Birraio di Preston, alguén podería preguntarme por que me empeño en machucar unha e outra vez no mesmo tema, metendo polo medio, case fotocopiados, os mesmos prefectos, os mesmos comisarios etcétera. En previsión de tal comentario, púxenme mans á obra. A cita que abre o libro está extraída d’Os vellos e os novos de Pirandello e creo que con ela queda todo dito.

Nos límites do posible, sendo esta unha historia datada con exactitude, citei fielmente ministros, altos funcionarios do Estado e revolucionarios co seu verdadeiro nome (tamén os sucesos de que foron protagonistas son auténticos).

Os outros nomes e feitos son todos inventados de fío a fondo.

Título: A concesión do teléfono
Autoría original: Andrea Camilleri
Revisión: Manuel Arca Castro
Traducción: María Alonso Seisdedos
Editorial: NovoVinilo
Año de edición: 2017