EN
>
GL
A mirada
- Adultos
·
- Gallego
«Os seus ollos encontráronse no mesmo instante: Therese levantaba a vista dunha caixa que estaba abrindo e a muller viraba a cabeza de modo que a mirou de fronte. Era alta e loura, de figura esvelta e elegante no abrigo de peles folgado que mantiña aberto cunha man no talle. Tiña os ollos grises, incoloros, e, mesmo así, dominantes coma a luz ou o fogo, e, atrapada por eles, Therese non deu apartado a vista. Ouviu como a clienta que tiña diante lle repetía unha pregunta e Therese seguía alí, muda. A muller tamén a miraba, con expresión absorta, coma se tivese a metade da mente no que fose que pretendía mercar e, se ben había bastantes dependentas entre ambas, Therese estaba segura de que recorrería a ela. Entón Therese viuna enfilar amodo cara ao mostrador, ouviu como o corazón lle daba un salto para recuperar o tempo que estivera parado e notou como se ruborizaba a medida que a muller se aproximaba a ela.»