IT

>

GL

Na soidade da montaña

·

Sobre os amplos clareiros dos pastos, a liña do bosque aparecía e acompañábaos como unha sombra, interminable franxa escura baixo o ceo descolorido. A senda discorría  dunha altura a outra nunha sucesión de subidas e baixadas que semellaban non acabar nunca, ora suspendida sobre fondos desfiladeiros estreitos como congostras, ora atravesando brañas nas que un fío de auga fluía case a rente do chan, enchoupando a herba turxescente e mol como unha esponxa. A medida que a ascensión se tornaba máis dura, a montaña espíase, viraba máis violenta e máis desolada, coas súas mouteiras de herbas magras, coas súas pedras deformes reboladas pola pendente, cos seus cumes fríos, nítidos e aguzados contra o ceo. E, de súpeto, no fondo do val prendéronse todas xuntas as luces de Calalzo, de Pieve, de Domegge: vívidas, coa mesma leve oscilación duns ollos que sorrisen.

Título: Maria Zef
Autoría original: Paula Drigo
Ilustración cubierta: Carlos Valdés García
Revisión: Beatriz Fariñas Garrote
Traducción: María Alonso Seisdedos
Editorial: Irmás Cartoné
Año de edición: 2025