PT
>
GL
No ronsel dos cronistas
- Adultos
·
- Gallego
―Pero ao final o que vostede fixo foi unha novela…
―Unha novela…? Deus me libre! A miña ambición foi ben distinta. Isto é monografía, historia local, historia novelada, como moito. Ora que novela…Arrenégote! Mal de min se escorreguei cara a tales enredos e labirintos. Na novela, o escritor escolle os episodios; na historia, os episodios véñenlle dados. Están fixados, non hai maneira de fuxirlles. Con todo, o que eu tentei foi desempoar vellos e particularísimos sucesos que, polo demais, pouco pesaron na marcha do mundo. Novela…?! Se me saíu novela, aconteceume o mesmo ca a un triste e basto carpinteiro da miña terra, de quen toda a xente se chufaba, de certo por milagre desenfadado do Espírito Santo: púxose a facer un comedeiro para o can e saíulle unha guitarra.