Palabras dadas · Traducción y revisión editorial

Premios: Fervenzas Literaias 2012 ao mellor libro de adultos traducido

TR

>

GL

Entre dúas páxinas

·

«Un pequeno achado: en plena noite, durante un deses interludios estraños en que o motor da neveira se puña en marcha de repente como para crispalo mentres rexistraba o fondo un armario —que nin el sabía dicir cantas veces rexistrara xa— atopou, encaixada entre un par de zapatos de tacón verdes escuros que ela deixara atrás, unha novela policial traducida. Como había centos delas pola casa adiante, en condicións normais non lle prestaría moita atención, pero esa noite impresionouno o moucho que o fitaba traizoeiramente desde a portada, e ao follear as páxinas dese libro negro foi como se as mans, ben adestradas despois de pasaren a noite escudriñando o fondo de caixóns e armarios ata non deixaren nada sen revirar, soubesen exactamente onde debían ir: alí a estaba, oculta entre dúas páxinas…».

 

Título: O libro negro
Autoría original: Orhan Pamuk
Traducción: Bartug Aykan / María Alonso Seisdedos
Editorial: Editorial Galaxia
Año de edición: 2011