Palabras dadas · Traducción y revisión editorial

Premios: Finalista Gala do Libro Galego 2020

EN

>

GL

Sobrevivir ao inferno

·

Aínda que vai un frío que pela e o recinto está perdido de zoldra, Lale séntese optimista. É domingo. Lale e Gita estarán entre os valentes que camiñen polo recinto á espera dun efémero encontro, dunha palabra, dun toque das mans.
Camiña dun lado a outro, buscando a Gita mentres trata de escorrentar o frío dos ósos. Pasa por diante do sector das mulleres cantas veces pode sen levantar sospeitas. Do Edificio 29 saen varias mozas, pero Gita non. Cando xa vai desistir, aparece Dana escudriñando o recinto. Ao ver a Lale, corre ao pé del.
—Gita está enferma –dille en canto o alcanza–. Está moi maliña, Lale. Non sei o que hei de facer.
Presa do pánico, pónselle o corazón nun puño ao recordar o carro da morte, como se salvou de milagre, grazas aos homes que o coidaron ata que sandou.

Título: O tatuador de Auschwitz
Autoría original: Heather Morris
Ilustración cubierta: Elemental / Manuel Martínez. Fotografía da cuberta: Manuel G. Vicente.
Traducción: María Alonso Seisdedos
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Año de edición: 2019