IT

>

GL

Orgullo e lealdade

·

E velaí esta Efix de novo, sentado no sitio de costume, diante da choupana, por baixo da ribada gacia de canas. A rubién loce no ceo, no alto, por riba do outeiro branco. Pasa o vento e as canas tremen e bisban:
—Acórdache, Efix? Acórdache? Marchaches, volviches, estás de novo entre nós como un máis da familia. Hai quen dobra e hai quen rompe, hai quen resiste hoxe mais dobra mañá e pasadomañá tronza. Acórdache, Efix? Acórdache?
El trenzaba unha esteira e pregaba. De cando en vez, unha puntada no costado facíao endereitar dun salto e púñase ríxido, como se alguén lle chuzase cun ferro nos cadrís. Volvíase dobrar sobre si mesmo, lívido e tremente, igual que unha cana ao vento. Despois do torzón, sentía unha debilidade enorme, unha dozura pesada, pois contaba con morrer logo. A súa xeira rematara.
Mentres aguantase, non obstante, había permanecer alí, na terra que lle chuchara toda a forza e as bágoas todas.

Título: Canas ao vento
Autoría original: Grazia Deledda
Ilustración cubierta: Carlos Valdés
Revisión: Bea Fariñas
Traducción: María Alonso Seisdedos
Editorial: Irmás Cartoné
Año de edición: 2023