IT
>
GL
Sen saída
- Adultos
·
- Gallego
A vista que ofrecía o alto balcón era cerrada, case abafante, entre o calello, que a esas horas semellaba fondo e tenebroso como un pozo baleiro, e a grande extensión de tellados encarnados e cubertos de verdello sobre os que pesaba un ceo baixo e descolorido. Nicolina cosía rápido, sen alzar a vista: sentía a monotonía da limitada paisaxe como se a respirase co aire. Entretíñase, sen pretendelo, en pensar na casa de Sant’Àgata; volvía ver o balconciño coa varanda enferruxada, aberto de par en par sobre os campos, baixo o ceo libre que semellaba mesturar as nubes co mar, ao lonxe, moi lonxe.
Título: A casa do calello
Autoría original: Messina, Maria
Ilustración cubierta: Carlos Valdés (cuberta)
Revisión: Beatriz Fariñas Garrote
Traducción: María Alonso Seisdedos
Editorial: Irmás Cartoné
Año de edición: 2024