Palabras dadas · Traducción y revisión editorial

Premios: Premio Nacional á Mellor Tradución 2014

EN

>

GL

Ulises

·

«Moito lle gorentaban ao señor Leopold Bloon os órganos internos de bestas e aves. Gustáballe a sopa de miúdos ben espesa, as moegas picantes, o corazón recheo asado, os filetes de fígado empanados, as rabas de bacallau fritidas. O que máis lle prestaba eran os riles de cordeiro á grella, que lle deixaban no ceo da boca un delicioso saibo cun leve recendo a ouriños.
Riles era o que tiña na mente mentres se movía pola cociña sen facer ruído, axeitando na bandexa panda o almorzo dela. Ar e luz eran xélidos na cociña, mais fóra, en todas as partes, era unha agradábel mañá de verán. Entroulle larica.
O carbón arrubiaba.»

Título: Ulises
Autoría original: James Joyce
Traducción: Eva Almazán/ María Alonso Seisdedos / Xavier Queipo / Antón Vialle
Editorial: Editorial Galaxia