© Imaxes cedidas por Kalandraka Editora.
O vindeiro 4 de maio preséntase ás 19.00h na Residencia de Estudiantes de Madrid un novo selo de Kalandraka Editora: Cuatro Lunas.
Os primeiros títulos, un por cada unha das coleccións que vai albergar o selo, son:
Canciones (1921-1924), de Federico García Lorca, con limiar de Luis García Montero.
Cardumen, de Rexina Vega, traducida do galego pola propia autora e ambientada nos últimos anos da II República.
Pisaremos las calles nuevamente, de Vivian Lavín, que ten como pano de fondo a ditadura de Augusto Pinochet, con limiar de Michelle Bachelet.
No queda nadie, de Brais Lamela, con tradución miña, que trata sobre a supervivencia da memoria no desenraizamento e a procura dun espazo propio no mundo.