TR
>
GL
O nacemento dunha cor
- Adultos
·
- Galego
«Calade. Vouvos contar como me convertín neste espléndido ton vermello. Un mestre miniaturista, experto en pinturas, machucou freneticamente co morteiro e o mazador a mellor variedade de cochinilla dos climas máis tórridos da India ata formar un po finísimo. Dispuxo cinco dracmas dese po vermello, un dracma de albitorno e medio dracma de aventurina. Coceu o albitorno en tres ocas de auga. Despois, engadiu a esa auga a aventurina, mesturándoa á conciencia. Deixou a mestura cocer o tempo que leva beber unha cunca do mellor café. Mentres el saboreaba o café, a miña impaciencia aumentaba como a dun meniño que está para nacer.»
Título: Chámome vermello
Autoría orixinal: Orhan Pamuk
Tradución: Bartug Aykan / María Alonso Seisdedos
Editorial: Editorial Galaxia