EN
>
GL
Con fabulación
- Adultos
·
- Galego
Os catro homes que estaban á mesa non se coñecían de nada, pero en tanto que rillaban nos ósos das costelas e bebían grolos de whisky con sifón, parolaban con tan ameno entusiasmo que de entrar un visitante no club ―que non consente visitantes―, logo os crería amigos de vello, non ingleses que coincidían por primeira vez e nin sequera foran presentados como é debido. E é que mandan a etiqueta e a tradición de The Grill que todo aquel que entre debe falar con quenquera que atope. De aí que haxa unha única mesa longa, e xa sexan vinte homes ou dous, os camareiros, en cumprimento da tal norma, hanos colocar un a son do outro.
Título: Na néboa
Autoría orixinal: Richard Harding Davis
Revisión: Benxamín Constante
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Editorial Hugin e Munin
Ano de edición: 2020