IT
>
GL
Da natureza humana
- Adultos
·
- Galego
Non é que as pequenas virtudes, de seu, sexan desprezables, pero o valor que teñen non é de orde substancial senón complementaria. Non poden estar soas sen as outras e, ademais, son, soas sen as outras, un alimento pobre para a natureza humana. Como as pequenas virtudes son dunha clase abondo común e difundida entre os homes, a maneira de exercitalas (con mesura e cando sexa de todo indispensable) pode o home descubrila ao seu redor e absorbelas do aire. As grandes virtudes, porén, non se respiran no aire e deben ser a primeira substancia da nosa relación cos nosos fillos, o primeiro alicerce da educación.
Título: As pequenas virtudes
Autoría orixinal: Natalia Ginzburg
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Alvarellos
Ano de edición: 2026