ES
>
GL
Hoxe é o porvir
- Adultos
·
- Galego
«Ao lector:
Máis te prevexo hostil que te espero benévolo, lector, a quen, por tanto, non me atrevo a chamar amigo.
Presento este libriño, e se te propós lelo, débesme agradecer que sexa tan breve, porque o asunto é extenso, e asegúroche que me custou moito non dicir máis sobre el.
Procurei agrupar os argumentos e concentrar as razóns para que teñan máis forza, porque xa comprendo que non ha ser pouca a resistencia que necesitan vencer.
Cantos se dirixen a ti adoitan ter o propósito de te atraeren á súa crenza, á súa opinión; as miñas pretensións son máis modestas: non pretendo persuadirte nin convencerte; toda a miña ambición limítase a que, tras concluíres estas páxinas, dubides e digas, primeiro para ti e despois para os outros: “Non terá razón esta muller en algo do que di?”.»