ES
>
GL
Lila
- Infantil e xuvenil
·
- Galego
Aurora estaba asustada. Todas as noites, cando o papá volvía á casa, traía con el un monstro. Aurora escondíase debaixo da cama e tapaba os ouvidos para non o escoitar. Pero nin o seu acubillo, repleto de grilandas de luciñas, nin o seu gatiño, que sempre a acompañaba, daban escorrentado os berros daquel ser terrorífico.
Título: O chuvasqueiro de Aurora
Autoría orixinal: María Márquez (texto) / Paco Ortega (ilustracións)
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Edicions Bellaterra
Ano de edición: 2020