EN

>

GL

Música de fondo

·

«E eu aquí a falar agora como se fose integrante fixo dalgún conxunto. En realidade, son un dos “xitanos”, como nos chaman os outros músicos, un dos que deambulan pola piazza, colaborando con calquera das tres orquestras que nos necesite. Toco principalmente aquí no Caffê Lavena, pero nas sobremesas de moito movemento, chego a facer unha serie cos rapaces do Quadri, paso ao Florian e volvo cruzar a praza para o Lavena. Lévome ben con todos —mesmo cos camareiros— e se estivese noutra cidade calquera a estas alturas xa tiña posto fixo. Pero neste lugar, tan obsesionado coa tradición e o pasado, todo vai ao revés. En calquera outro sitio, o feito de ser guitarrista xogaría ao meu favor. Pero aquí? Unha guitarra! Os donos dos cafés desacóuganse. Parécelles excesivamente moderno, aos turistas non lles vai gustar.»

Título: Nocturnos
Autoría orixinal: Kazuo Ishiguro
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Editorial Galaxia
Ano de edición: 2010