Palabras dadas · Tradución e revisión editorial

PT

>

GL

O que aconteceu

·

«Eu tiña once anos cando o tío Baltazar veu a primeira vez. Acababa de casar, pero veu só e xa coa sona de ser moi rico. Relembrando eses tempos, meu pai contoume que tras botar algúns días aquí o tío Baltazar pensou en renunciar ao da Compañía e regresar. Por iso, pregunto eu outra vez: se chega a regresar nese momento, estaría aínda vivo? E se non chega a fundar a Compañía, pasariamos nós por todo o que pasamos? Pero preguntar estas cousas agora é o mesmo que dicir que se o becerro da veciña non chega a morrer aínda estaba vivo. Estou aquí para falar do que aconteceu, non do que deixou de acontecer.»

Título: Sombras de reis barbudos
Autoría orixinal: José. J. Veiga
Ilustración capa: Alcimar Frazão (ilustracións interiores)
Revisión: Manuel Arca Castro
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: NovoVinilo
Ano de edición: 2017