CAT
>
GL
Premio ou castigo?
- Adultos
·
- Galego
O primeiro día que saín da casa con pantalóns curtos e pelos (moitos pelos e moi longos) nas pernas, sentinme totalmente vulnerable e eufórica. Non sabía o que ía pasar, pero estaba a romper unha norma moi ríxida. Unha norma que investira horas, diñeiro, suor e bágoas en manter. Sentíame orgullosa da miña decisión e, asemade, ridícula pola cativeza innegable do xesto. Milleiros de mulleres cada día a loitar por causas nobres, nobilísimas, importantísimas, e eu orgullosa por ensinar uns cantos pelos.
Título: A contrapelo ou por que rachar co círculo de depilación, submisión e autoodio
Autoría orixinal: Bel Olid
Ilustración capa: Elga Fernández Lamas
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Edicións Embora
Ano de edición: 2020