IT
>
GL
Se queres, chámame Nemo
- Infantil e xuvenil
·
- Galego
«Entre tanto, o rapaz sen nome e o seu can cinsento percorrían o regato recollendo as maletas.
―Ese animal é un fenómeno ―comentou Daniel―. Nada coma un peixe.
O outro asentiu,
―De feito, chámase Nautilus, que significa ‘mariñeiro’. En tempos foi dun pescador.
A Daniel pareceulle que unha sombra escura cruzaba os ollos do cativo.
―Nautilus ―repetiu o mozo―. É un nome bonito. E podo saber cal é o teu?
O outro viroulle as costas.
―Non teño nome ―respondeu―. Tiña un, pero hai tempo que o esquecín. Agora non son ninguén.
―E logo, como teño que chamarte?
―Se queres, chámame Nemo.»
Título: Nemo. O rapaz sen nome
Autoría orixinal: David Morosinotto
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de edición: 2016