Follas Novas 2023 á Obra Traducida

IT

>

GL

Un abrigo de veludo negro

·

Os meus avós maternos morreron ambos os dous antes de eu nacer. A miña avoa materna, a avoa Pina, era de familia modesta e casou co meu avó, que era veciño do mesmo edificio: un mozo de lentes, avogado distinguido no inicio da súa carreira, ao que ela ouvía cada día, no portal, preguntarlle á porteira: «Hai correspondencia para min?». O meu avó dicía correspondênsia con e fechado e seseo, e esa maneira de pronunciar aquela palabra á miña avoa parecíalle un sinal de distinción. Casou con el por iso e porque quería mandar facer para o inverno un abrigo de veludo negro. Non foi un matrimonio feliz.

Título: Léxico familiar
Autoría orixinal: Ginzburg, Natalia
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Edicións Laiovento
Ano de edición: 2022