Palabras dadas · Tradución e revisión editorial

DE

>

GL

Un caparriño bulideiro

·

Bambi saíu dun pincho. Sentiu unha felicidade tan prodixiosa que esqueceu o medo no acto. Na espesura o único que vira por riba del eran as copas das árbores e os poucos retallos azuis que albiscaba moi de cando en cando. Agora todo ao alto e ao largo vía o azul do ceo e sentía, sen saber por que, unha ledicia inmensa. No interior da fraga, do sol só coñecera algunha que outra raiola e os delicados abelorios de luz que bailaban entre as pólas. Agora, de pronto, alí no medio, aquela forza cálida e cegadora apoderábase de todo o seu ser e sumíao nun benestar que lle cerraba os ollos e lle abría o corazón.

Título: Bambi
Autoría orixinal: Felix Salten (texto) / Begoña G. Arce (ilustracións)
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Editorial Galaxia
Ano de edición: 2022