IT
>
GL
Un xigante e un código secreto
- Infantil e xuvenil
·
- Galego
Tiña tres irmáns e os tres morreran xa. O máis vello chamábase Ravi, e un día saíu á caza do tigre. Os batedores desencovaran a fera e seguírana pola selva durante tres días. Ravi abría camiño ao lombo do seu elefante de guerra, cando este se desviou de súpeto. Ravi caeu e o animal trepou nel. O mozo era un cazador experimentado, el e mais o elefante medraran xuntos. Todos dixeron que a súa morte fora unha tráxica burla do destino.
Título: Nemo. O xigante de pedra
Autoría orixinal: David Morosinotto
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de edición: 2017