CA
>
GL
Unha especie multiplanetaria
- Infantil e xuvenil
·
- Galego
Os humanos evolucionamos para vivir na Terra. Estamos adaptados á presión da súa atmosfera (que amais proporciona o osíxeno que respiramos) e á súa gravidade. Dispomos de abundante auga líquida, a temperatura é agradable e, por se non fose dabondo, proporciónanos alimentos naturais.
En Marte a cousa é ben máis hostil: a súa atmosfera é moi fina e case non hai osíxeno, ningunha capa de ozono bloquea a radiación ultravioleta, as temperaturas son baixísimas, a gravidade é tres veces máis débil que a da Terra, non hai auga líquida e, por se non fose dabondo, non hai nada comestible.
Título: Unha cidade en Marte
Autoría orixinal: Anglada-Escudçe. G.; Kaid-Salah Ferron, S; Sureda Anfres, M
Ilustración capa: Altarriba i Bigas, E.
Tradución: María Alonso Seidedos
Editorial: Edicións Embora
Ano de edición: 2025