Palabras dadas · Tradución e revisión editorial

Sinatura

Dos meus inicios á tradución editorial

Así son eu

Licenciada en Filosofía e Letras (División de Filoloxía, Sección Filoloxía Hispánica) pola Universitat Autònoma de Barcelona (1984) e en Filoloxía (Sección Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela (1988).

Idiomas de traballo

Inicieime cono tradutora en 1985 no eido da dobraxe e o subtitulado de audiovisuais.

En 2009 estreeime profesionalmente na tradución literaria da man da Editorial Galaxia con O museo da inocencia, de Orhan Pamuk, en colaboración con Bartuk Aykan, que foi recoñecida co premio da AELG á Mellor Tradución dese ano.

Desde 2018 dedícome en exclusiva á tradución editorial.

Os meus inicios

Tras unha curta tempada no ensino secundario, en 1986 accedo á tradución de dobraxe e subtitulado de audiovisuais para a TVG e outras cadeas de ámbito estatal, labor que compaxino coa corrección ortotipográfica e de estilo de textos en castelán e galego para editoriais.

Durante os anos 86-87 exerzo como tradutora e axustadora contratada en empresas de dobraxe de Galicia (Imaxe Galega S. A., Vídeo Galicia S. A. e Galaxia Comunicación).

De 1988 a 2018 paso a colaborar como independente para o sector da dobraxe, incluído o subtitulado e a tradución de guións, con estudios como Imaxe Galega S. A., BEST DIGITAL S. A., Studio XXI Producciones, SONGASA, CTV, Vídeo Galicia S. A., SODINOR S. A.,  Cinemar S. L., Vacafilms, Pequerrecho Subtitulación, SDI Media Iberia e BBO subtitulado.

Salto á tradución literaria

En 2009 estréome na tradución literaria da man da Editorial Galaxia con O museo da inocencia, de Orhan Pamuk, en colaboración con Bartug Aykan, que é recoñecida co premio aelg á Mellor Tradución dese ano.

O libro negro, de Orhan Pamuk, que traduzo con Bartug Aykan, recibe o Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Adultos Traducido en 2011.

Participo como tradutora e revisora na versión galega do Ulises de James Joyce (xunto con Antón Vialle, Eva Almazán e Xavier Queipo), publicada en 2013, que merece os premios Á Mellor Tradución de 2013 de Fervenzas Literarias; o Lois Tobío de Tradución da age; o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galiza; o da aelg á Mellor Tradución 2013; e o Premio Nacional a la Mejor Traducción 2014 que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Mesas redondas, actos, entrevistas, congresos...

Son relatora no I Congreso da Dobraxe celebrado na Facultade de Filoloxía e Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, en 2007.

Participo asiduamente en mesas redondas, entrevistas e actos relacionados coa tradución literaria ou para dobraxe, na Universidade de Vigo; e en foros culturais de ámbito galego, coma o Culturgal; ou estatal, como a Universidade do País Vasco, convidada pola ACEtt.

Participo co relatorio «Traducir: ¿crear o recrear?» no XXXIII Encuentro de Escritores y Críticos de las Letras Españolas, que se celebrou na Casona de Verines, Pendueles (Asturias) os días 13 e 14 de setembro de 2017 xunto a outros dezanove tradutores, baixo o lema: «Creadores en la sombra: La traducción literaria en la actualidad».

Participo na mesa redonda organizada na USC pola OEPLIJ e GALIX en 2018, sobre «xéneo e tradución» con Ánxela Gracián e Raquel Senra.

En 2020 impartín a conferencia «Do divino ao criminal» no curso «De la creación a la librería», que organizou a Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura, en colaboración coa Asociación Colegial de Escritores de España (ACE) e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).

Participo na mesa redonda «Traducir do alemán é tan difícil?» o 21 de abril en Barcelona, na Llibreria Documenta, organizada pola ACEtt e CEDRO, dentro do marco das actividades previas á Feira de Frankfurt.

Participo o 7 de outubro de 2022 en LÍBER, na mesa redonda «1922, el año mágico: Joyce, Woolf y Proust», xunto ás tradutoras Itziar Hernández Rodilla e Valèria Gaillard, coa moderación de Ana Alcaina.

O 23 de marzo de 2023 participo a convite da RAG na homenaxe a Darío Xohán Cabana coa lectura do texto «Aquí verase a túa calidade».

Xurado e avaliacións

Fun membro do xurado para o Premio Nacional a la Mejor Traducción de 2014, como representante do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España, e no de 2015, como tradutora galardoada en 2013.

Integro a Comisión Avaliadora para a subvención de traducións da Xunta de Galicia en 2015, 2017 e 2018, por designación da Asociación Galega Profesional da Tradución e Interpretación (AGPTI).

Tamén en representación da AGPTI, en 2017, formo parte do grupo de traballo do Consello Asesor do Libro para o Fomento e a Dinamización da Lectura en Galicia que promove a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Formo parte do xurado do premio Merlín que outorga Edicións Xerais de Galicia en 2017.

Convites, aulas e universidade

Imparto clases de prácticas de Tradución Audiovisual como profesora convidada na Universidade de Vigo, no título propio de Especialista en Dobraxe durante os cursos 2016-17 e 2017-18.

Participo no encontro Asaltos á letra: tradución, que se celebra o 10 de novembro de 2018 na Cidade da Cultura, como directora do combate verbal entre Ledicia Costas e a súa tradutora italiana Sara Cavarero Mira.

Son convidada como tradutora do catalán ao galego ao primeiro encontro Small is Great, organizado pola AELG co impulso da CEATL, para tradutores do catalán na Universitat Pompeu Fabra o 23 e 24 de novembro de 2018.

Son elixida madriña de graduación da promoción de 2019 polo alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo dos graos en Tradución e Interpretación, en Linguas Estranxeiras, en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e do Mestrado en Comunicación Multimedia, onde imparto a lección maxistral «Nin sempre foi abril o máis cruel».

En outubro de 2019 participo en LÍBER, a convite da ACEtt, no faladoiro La traducción de LIJ cuenta, xunto á tamén tradutora Lidia Pelayo, baixo a moderación de Ana Flecha.

Participo na residencia Faberllull Olot do 1 ao 8 de abril de 2022 de tradución de poesía, organizada polo Consello da Cultura Galega, o Institut Ramon Llull e Etxepare Euskal Institutua.