Un día na vida do señor Bloom

O 16 de xuño de 1904 o señor Bloom saíu á rúa para iniciar un periplo que o levaría a camiñar sen descanso durante máis dun século. A fin de que non deixe de camiñar, cento un anos despois da publicación do relato escrito por James Joyce e que revolucionou a literatura occidental e dez da aparición da tradución galega, impulsada por Editorial Galaxia e asumida por Antón Vialle, Eva Almazán, Xavier Queipo e mais eu, este venres 16 de xuño, estaremos de novo celebrando a vida anódina do señor Bloom na escalinata do MARCO, de 11.30 a 14.00h.

Vídeo do pasado ano aquí.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram

Deixa un comentario